Con data do 27 de maio de 2024, a Dirección Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións previas e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada regulamentación LAMT CHA 811 O Saviñao 11 entre apoio 110-35-8 e CT Palomar 110-35-17-CT, no concello do Saviñao (Lugo).
Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo ao presente acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello do Saviñao, deducida da que se someteu a información pública no xornal La Voz de Galicia do 19 de xuño de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 18 de xuño de 2024, para que comparezan o día 19 de decembro de 2024 no Concello do Saviñao, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.
Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas, así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello do Saviñao estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).
Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 3 de outubro de 2024
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de
regulamentación LAMT CHA 811 Saviñao 11 entre apoio 110-35-8
e CT Palomar 110-35-17-C (O Saviñao)
Concello: O Saviñao (Lugo).
Expediente: IN407A 2023/80-2.
|
Predio |
Políg. |
Parc. |
Lugar |
Cultivo |
Propietario/a |
Apoio nº |
Apoio |
Afeccións |
Afeccións |
|
1 |
118 |
88 |
Rañadoira |
Monte baixo |
Descoñecido |
30,75 |
|||
|
4 |
118 |
156 |
Reguenga |
Prado ou pradarías |
Descoñecido |
13,65 |
219,98 |
||
|
5 |
118 |
155 |
Reguenga |
Prado |
María Luz López Pérez |
31,54 |
502,25 |
||
|
7 |
118 |
153 |
Reguenga |
Prado |
Hdos. de Manuel Salgado Domínguez |
BK6LS2X9//D110-35-11 |
2,00 |
66,86 |
1.056,86 |
|
9 |
118 |
180 |
Lamaian |
Matogueira, monte alto |
Descoñecido |
17,03 |
385,34 |
||
|
10 |
118 |
179 |
Lamaian |
Prado |
Descoñecido |
18,18 |
184,07 |
||
|
12 |
118 |
181 |
Lamaian |
Prado |
Hdos. de Antonio Blanco Taboada |
BK5TLK4E//D110-35-12 |
2,00 |
62,56 |
943,60 |
|
13 |
118 |
194 |
Naveira |
Prado |
Descoñecido |
0,65 |
60,79 |
||
|
14 |
118 |
245 |
Campo |
Monte alto |
Descoñecido |
2,63 |
73,19 |
