DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2024 Páx. 57538

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 21 de outubro de 2024 pola que deixa sen efecto a Orde do 9 de outubro de 2024 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro.

O Decreto 146/2024, do 20 de maio, estableceu a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude respectando os principios de eficacia e economía que sempre deben presidir a actuación e a organización administrativa, así como a eficiencia e contención do gasto público.

A actual relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, como instrumento técnico de carácter público a través do cal estruturan a súa organización as administracións públicas, aínda non foi adaptada aos cambios de estrutura que tiveron lugar polas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Realizada a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, mediante a Orde do 9 de outubro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 15 de outubro), en uso das atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Deixar sen efecto a Orde do 9 de outubro de 2024 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 15 de outubro.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2024

José Carlos López Campos
Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude