No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 225, do 27 de setembro de 2024, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
– Unha praza de persoal de apoio do Punto de atención á infancia (PAI) do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de oposición, quenda libre.
Advertido erro nas mencionadas bases, publicouse a súa corrección no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 231, do 4 de outubro de 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos da forma prevista nas propias bases.
Guntín, 4 de outubro de 2024
Ángel Pérez Rodríguez
Alcalde presidente
