Mediante a Resolución da Alcaldía do Concello de Taboada, do 24 de setembro de 2024, apróbanse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de capataz brigada, Unidade de Obras e Servizos, do cadro de personal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público do Concello de Taboada para o ano 2024.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 277, do 30 de setembro de 2024, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria, para cubrir unha praza de capataz brigada, Unidade de Obras e Servizos, do cadro de personal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público do Concello de Taboada para o ano 2024, cuxas características son:
|
Denominación da praza |
Capataz de brigada |
|
Réxime |
Persoal laboral fixo |
|
Código do posto |
2004 |
|
Unidade/área |
Obras e Servizos |
|
Grupo laboral |
V |
|
Titulación exixible |
Estudos primarios |
|
Número de vacantes |
1 |
|
Funcións do posto de traballo |
• Programación e coordinación de todo o traballo do persoal de obras e servizos. • Programación das vacacións e permisos do persoal de obras e servizos. • Dirección e supervisión de todos os traballos. • Orzamentación de pequenas obras de mantemento. • Repartición do persoal polos diferentes puntos de traballo. • Realizar a provisión de materiais. • Tarefas de mantemento e conservación (albanelaría, mecánica, pintura, xardinaría) das instalacións e patrimonio municipais e mobiliario público. • Conservación de camiños e vías públicas. • Mantemento e conservación do patrimonio municipal. • Reformas e pequenas construcións municipais. • Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico. |
|
Retribucións |
23.977,24 € |
|
Sistema selectivo |
Oposición |
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello de Taboada, www.concellotaboada.es
Taboada, 2 de outubro de 2024
Roi Rigueira Agromartín
Alcalde
