A Resolución do 1 de agosto de 2024 aproba as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas propias desta axencia para a contratación temporal de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), e abre o prazo de presentación de solicitudes en 2024.
De conformidade co establecido na cláusula oitava das citadas bases, a Axencia de Turismo de Galicia ditará resolución na cal se aproben as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión.
En consecuencia,
RESOLVO:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas seguintes listas propias de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG):
1. Profesor/a de aloxamento-rexedoría de pisos.
2. Profesor/a de aloxamento-recepción.
3. Profesor/a de xestión de aloxamento e instalacións.
4. Profesor/a de teoría de servizos.
5. Profesor/a de prácticas de servizos.
6. Profesor/a de enoloxía.
7. Profesor/a de teoría de cociña.
8. Profesor/a de prácticas de cociña.
9. Profesor/a de hixiene, dietética e nutrición.
10. Profesor/a de inglés.
11. Profesor/a de francés.
12. Profesor/a de alemán.
13. Profesor/a de contabilidade e finanzas.
14. Profesor/a de economía.
15. Profesor/a de dirección estratéxica e control interno.
16. Profesor/a de lexislación e fiscalidade empresarial.
17. Profesor/a de xestión de recursos humanos.
18. Profesor/a de tecnoloxía da información e das comunicacións (TIC).
19. Profesor/a de márketing hoteleiro e gastronómico.
20. Profesor/a de comunicación e RRPP hostaleira.
21. Profesor/a de revenue management e márketing hoteleiro.
A lista publicarase no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia, no enderezo electrónico https://www.turismo.gal/espazo-institucional, e o anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia. As persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas. A estimación ou desestimación das alegacións presentadas entenderase implícita nunha nova resolución en que se aproben as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas. Esta resolución farase pública no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia, ao igual que todas as publicacións referidas a esta convocatoria, e o anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
