DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2024 Páx. 58230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 16 de outubro de 2024 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-48-24-308 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, as resolucións dos procedementos administrativos sancionadores por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 29 de agosto de 2018, no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela,16 de outubro de 2024

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF do/da

denunciado/a

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto

infrinxido

Precepto sancionador

Importe da sanción

Sanc. 12-48-24-308

6556-FGP

Gardapeiraos

53795205E

Estacionamento prohibido.

3.4.2024; 14.46 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-336

4008-GSX

Gardapeiraos

X7349862M

Estacionamento prohibido.

17.4.2024; 8.44 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-371

8045-JYR

Gardapeiraos

52931934X

Estacionamento prohibido.

26.4.2024; 15.35 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-439

4008-GSX

Gardapeiraos

X7349862M

Estacionamento prohibido.

27.5.2024; 8.45 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-38-24-51

9146-BNS

Garda civil

35472622K

Estacionamento prohibido.

26.5.2024; 17.37 horas;

San Adrián de Cobres

(Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €