DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2024 Páx. 58161

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso á categoría de médico/a de familia de atención primaria.

Mediante a Resolución do 25 de setembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 193, do 7 de outubro) procedeuse á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios así como das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

A base oitava da resolución da convocatoria do proceso dispón que, tras a publicación das puntuacións provisionais dos exercicios, as persoas aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da devandita publicación, unicamente de existir erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Se no mesmo período o tribunal, de oficio, apreciase algún erro na confección aritmética da puntuación obtida na fase de oposición por algunha persoa aspirante poderá proceder á súa corrección.

Finalizado este prazo, e de conformidade coa antedita base, este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), ás puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes presentadas en cada un dos exercicios que integran a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 14 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023).

Segundo. Declarar finalizada a fase de oposición do referido proceso selectivo.

Terceiro. Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas aspirantes interesadas nos termos previstos nas bases 7 e 11 da resolución de convocatoria do proceso.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos