De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que mediante a Resolución do 15 de outubro de 2024, da Consellería do Mar, se lle outorgou a Roberto Carlos Ozores Nine e a Gustavo Adolfo Silva Hermo unha concesión temporal de carácter experimental para o estudo do policultivo de crustáceos e dun sistema de captación de semente de mexillón, na cuadrícula 46 do polígono Caramiñal D, na ría de Arousa.
O informe de impacto ambiental do proxecto fíxose público mediante o Anuncio do 15 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 148, do 5 de agosto.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024
Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura
e Innovación Tecnolóxica
