DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2024 Páx. 58243

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Casal Barrantes

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria para a adaptación dos estatutos á lexislación vixente.

José Antonio Piñeiro Sineiro, veciño do lugar Castaños, parroquia de Barrantes, concello de Ribadumia (Pontevedra), por medio deste anuncio convoco á xunta xeral extraordinaria todos os usuarios de augas, da Comunidade de Usuarios de Casal Barrantes, terá lugar o 29 de novembro de 2024, das 19.00 ás 19.30 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, na sala de xuntas do local da asociación de veciños de Barrantes, coa seguinte orde do día:

1.1. Adaptación dos estatutos da Comunidade, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

1.2. Rogos e preguntas.

Barrantes-Ribadumia (Pontevedra), 8 de outubro de 2024

José Antonio Piñeiro Sineiro
Presidente da Comunidade de Usuarios de Casal Barrantes