En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta dirección xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.
a) Casabella, SAT nº 1036 Xuga, cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Sixto Pérez López, S.L. segundo acordo adoptado na asemblea xeral do 1 de marzo de 2024, celebrada ante notario.
b) Ganadería Valiños, SAT nº 1274 Xuga cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Ganadería Valiños, S.L., segundo acordo adoptado na asemblea xeral do 19 de abril de 2024, celebrada ante notario.
c) Redonda, SAT nº 1235 Xuga, cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Ganadería Redonda, S.L. segundo acordo adoptado na asemblea xeral do 1 de abril de 2024, celebrada ante notario.
d) San Miguel, SAT nº 1001 Xuga cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación San Miguel Palas, S.L. segundo acordo adoptado na asemblea xeral do 16 de xullo de 2024, celebrada ante notario.
e) Visones Bermúdez, SAT nº 470 Xuga, cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Visones Bermúdez, S.L. segundo acordo adoptado na asemblea xeral do 18 de decembro de 2023, celebrada ante notario.
f) Escourido, SAT nº 1230 Xuga, que foi disolta e nomea a comisión liquidadora, segundo acordo adoptado na asemblea xeral do 10 de setembro de 2024 que ratifica a do 30 de marzo de 2024.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
