DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2024 Páx. 58352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Cerdido (expediente IN407A 2023/219-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT MEA803-apoio B2GGQ03X//78-41, no concello de Cerdido (expediente IN407A 2023/219-1), por resolución deste departamento territorial, do 13 de xuño de 2024, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 26 de novembro de 2024 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con este acordo no taboleiro de edictos do concello de Cerdido, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 22.8.2023, no BOP do 3.8.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 16.8.2023, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 10 de outubro de 2024

O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria