A Xunta de Goberno Local, en sesión do 22 de maio de 2020, aprobou inicialmente o Plan especial de reforma interior-unidade de actuación núm. 8, formulado/promovido por Álvarez Conchado e Hijos, S.A., e acordou, así mesmo, de conformidade co preceptuado polo artigo 75 Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, LS), e polo artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, RLS), abrir o preceptivo período de información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia.
Examinado o expediente, constátase que non se procedeu á publicación do preceptivo anuncio no xornal La Voz de Galicia, tal e como se acordou pola Xunta de Goberno Local, ou en calquera outro xornal dos de maior difusión da provincia, para os efectos de dar cumprimento aos artigos antes referidos.
A Xunta de Goberno Local, en sesión do 3 de outubro de 2024, co obxecto de emendar o vicio padecido, acordou reiterar e/ou repetir o preceptivo trámite de información pública posterior á aprobación inicial do Plan especial de reforma interior-unidade de actuación núm. 8.
Así pois, de conformidade co disposto no artigo 75 da LS e no artigo 186 do RLS, sométese o expediente e a documentación integrante do instrumento de planeamento, o aprobado inicialmente, a información pública, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia, polo prazo dous meses contados desde o último anuncio, coa finalidade de que quen o desexe poida examinalo e deducir durante o citado prazo cantas alegacións ou observacións considere oportunas.
Durante o período de información pública, o dereito de información e acceso poderase exercer e quedará garantido mediante consulta do expediente nas oficinas xerais do concello, sitas na casa do concello, avenida Emilio González López, núm. 1, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e mediante consulta no Portal de transparencia do concello (información de relevancia xurídica-documentos sometidos a información pública-aprobación inicial do Plan especial de reforma interior-unidade de actuación núm. 8).
Malpica de Bergantiños, 10 de outubro de 2024
Eduardo J. Parga Veiga
Alcalde
