DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 4 de novembro de 2024 Páx. 58666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 23 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, polo que se somete ao trámite de información pública a memoria xustificativa da proposta de estrutura de custos e fórmula de revisión de prezos para o desenvolvemento do contrato de concesión de obra pública do aparcadoiro do Hospital Gran Montecelo.

A directora xeral de Recursos Económicos, coa data do 23 de outubro de 2024,

RESOLVE:

1. Someter a memoria xustificativa da proposta de estrutura de custos e fórmula de revisión de prezos para o desenvolvemento do contrato de concesión de obra pública do aparcadoiro do Hospital Gran Montecelo a información pública, en cumprimento do disposto no artigo 9.7.c) do Real decreto 55/2017, do 3 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española.

2. O prazo para presentar alegacións será de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

3. A exposición ao público realízase no Servizo de Patrimonio da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e na Dirección de Recursos Económicos da Área Sanitaria de Pontevedra (avenida de Vigo, núm. 16, 36003 Pontevedra).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Sanidade https://sanidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica atópase á disposición dos interesados o documento completo da memoria xustificativa sometida a información pública.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024

Amparo Pousada Soliño
Directora xeral de Recursos Económicos