DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 4 de novembro de 2024 Páx. 58635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 11 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2023/3925-1 e un máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de citación as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican as ditas persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento de vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender ao establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 11 de outubro de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2023/3925-1

33203313F

Citación para o recoñecemento

19.9.2024

2024/6494-1

32974424Z

Citación para o recoñecemento

18.9.2024