DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 4 de novembro de 2024 Páx. 58631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 4 de outubro de 2024, do DepartamentoTerritorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente FE-0000071187 e trece máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse, para seren notificadas dos actos administrativos de emenda das solicitudes que se indican, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen.

Para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas ou as persoas que as representen debidamente acreditadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, nos actos que se notifican outórgase ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte á notificación, practicada por comparecencia, para emendar as súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude, e procederase ao arquivamento do expediente, logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 4 de outubro de 2024

A directora territorial da Coruña
P.S. (Decreto 139/2024, do 20 de maio)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS210A

Número expediente

DNI

Contido do acto

Data documento

FE-0000071187

32503426X

Requirimento de emenda da solicitude

2.3.2023

FE-0000107594

32603782V

Requirimento de emenda da solicitude

13.12.2023

FE-0000083724

33667055T

Requirimento de emenda da solicitude

1.1.2024

FE-0000126363

32380060Q

Requirimento de emenda da solicitude

3.11.2023

CO-0000128264

33221910C

Requirimento de emenda da solicitude

5.1.2024

CO-0000120432

33594696E

Requirimento de emenda da solicitude

17.3.2023

CO-0000125809

44673767Q

Requirimento de emenda da solicitude

19.9.2023

FE-0000123775

00795619A

Requirimento de emenda da solicitude

14.9.2023

CO-0000130867

14395293F

Requirimento de emenda da solicitude

16.1.2024

SC-0000124895

25849856H

Requirimento de emenda da solicitude

26.6.2024

SC-0000022269

44831165W

Requirimento de emenda da solicitude

6.3.2024

CO-0000122670

76497622J

Requirimento de emenda da solicitude

22.5.2024

CO-0000135784

76347018J

Requirimento de emenda da solicitude

30.5.2024

CO-0000128564

76393738C

Requirimento de emenda da solicitude

31.5.2024