DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 4 de novembro de 2024 Páx. 58623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 4 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente CO-71900 e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das propostas de resolucións do procedemento de reintegro da prestación económica ditada no último domicilio das persoas interesadas, sen que estas se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo, ou a través da persoa que as represente, para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, acudan ao Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro do dito acto administrativo.

A notificación entenderase producida o día da comparecencia e, no caso de non se presentar, desde a finalización do prazo de dez (10) días hábiles indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As propostas que se notifican outórganlles ás persoas interesadas un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, practicada por comparecencia, para presentar as alegacións ou os documentos que consideren convenientes, así como as alternativas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 36 do Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regulan o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes.

A Coruña, 4 de outubro de 2024

A directora territorial da Coruña
P.S. (Decreto 139/2024, do 20 de maio)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS210A

Número de

expediente

DNI

Contido do acto

Data do

documento

CO-71900

33707982X

Proposta de resolución de reintegro da prestación

15.2.2024

CO-64204

32453817N

Proposta de resolución de reintegro da prestación

15.2.2024

CO-99363

32323143R

Proposta de resolución de reintegro da prestación

9.5.2024