
No Diario Oficial de Galicia número 128, do 3 de xullo de 2024, publícase a Orde do 21 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas co fin de realizar actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións para vivendas das entidades locais de Galicia destinadas á atención a persoas sen fogar para o período 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se efectúa a súa convocatoria para o período 2024-2025 (código de procedemento BS623E).
De conformidade co establecido no artigo 16 da dita orde, a resolución dos expedientes das axudas correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, á vista da proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no mesmo artigo e logo da fiscalización da Intervención Delegada.
Así mesmo, o artigo 17 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento adminisitrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos da notificación.
Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, finalizada a instrución e emitida o 15 de outubro de 2024 a resolución que pon fin ao procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do contido íntegro da Resolución do 15 de outubro de 2024, ditada ao abeiro da Orde do 21 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas co fin de realizar actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións para vivendas das entidades locais de Galicia destinadas á atención a persoas sen fogar para o período 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se efectúa a súa convocatoria para o período 2024-2025 (código de procedemento BS623E); (DOG núm, 128, do 3 de xullo), que se xunta como anexo a esta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 15 de outubro de 2024, que pon fin a este procedemento, esgota a vía administrativa e que contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2024
Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social
ANEXO
Resolución do 15 de outubro de 2024 pola que se conceden as axudas
para a realización de actuacións de rehabilitación e/ou equipamento
de edificacións para vivendas das entidades locais de Galicia destinadas
á atención a persoas sen fogar para o período 2024-2025, no marco
do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS623E)
A través da Orde do 21 de xuño de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 128, do 3 de xullo) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan á súa disposición un inmoble que cumpra as condicións exixidas na convocatoria, para o financiamento de actuacións en materia de rehabilitación e/ou equipamento.
Unha vez comprobadas as solicitudes polo órgano instrutor, examinados os criterios preferenciais pola Comisión de Valoración en relación coas solicitudes admitidas, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,
RESOLVO:
Primeiro. Que todas as entidades recollidas no anexo son susceptibles de obter subvención na contía sinalada, en aplicación dos criterios de valoración e prelación establecidos no artigo 15, por un importe total de 1.339.994,87 euros, consignado na aplicación orzamentaria 38.03.313C.760.0.
Segundo. Que todas as solicitudes acadaron a puntuación mínima necesaria para obter a axuda de acordo co artigo 15 da dita orde e en función das dispoñibilidades orzamentarias.
Terceiro. De conformidade co artigo 24 das bases reguladoras, o pagamento da axuda farase efectivo unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade subvencionable e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria da solicitude de aboamento e da xustificación requirida nas bases reguladoras.
Unha vez ditada a resolución, as entidades beneficiarias poderán solicitar, no ano da concesión, un anticipo de ata o 100 % da subvención concedida.
Cuarto. Os proxectos que se financien con cargo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia deberán ser coherentes cos programas en curso da Unión Europea e complementalos, e deberán establecer mecanismos que eviten o dobre financiamento, de forma que só poderán recibir axuda doutros programas e instrumentos da Unión Europea sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo, de conformidade co artigo 9 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, o artigo 188 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, e o artigo 7 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.
A suma de todas as axudas, ingresos ou recursos destinados ao mesmo fin en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo total da actividade obxecto da axuda.
Quinto. A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de novembro de 2025, segundo o artigo 21 da Orde do 21 de xuño de 2024, dado que todas as axudas concedidas se refiren á dita anualidade.
Sexto. Ademais das obrigas recollidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable, as entidades beneficiarias destas axudas están obrigadas a:
a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente, sen prexuízo da facultade da Consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais de comprobar a realización material das actuacións.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal achegarán canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
c) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos asumidos polos concellos beneficiarios e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
d) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.
e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con cargo á subvención e a obriga do mantemento da documentación soporte. O soporte da documentación realizarase nos termos que estableza o Ministerio de Facenda, de conformidade coa normativa nacional e da Unión Europea, mantendo os requisitos de pista de auditoría, de conformidade co artigo 22 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro.
f) As infraestruturas e/ou equipamentos obxecto da actuación subvencionada deberán obter as correspondentes autorizacións establecidas no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, e permanecer destinados ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención por un período non inferior a cinco (5) anos desde o pagamento final ao beneficiario, tal e como recolle o artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño. O incumprimento disto dará lugar á revogación da resolución de concesión, ao reintegro das cantidades percibidas e á exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención.
g) Dar cumprimento á obriga da adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, os perceptores dos fondos da Unión deben cumprir coas obrigas de información e publicidade que as autoridades competentes establezan, relativas ao financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, polo cal farán mención á orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público. En particular, estarán obrigadas a:
1º. Incorporar nun lugar visible do inmoble unha referencia expresa a que a construción ou reforma foi financiada pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Igualdade). Esta información debe levar o logotipo oficial da Xunta de Galicia previsto no Manual de identidade corporativa (http://www.xunta.gal/identidade-corporativa/descarga-do-manual).
2º. Destacar, nas actividades que realicen, nos materiais que reproduzan e utilicen para a difusión ou publicidade do proxecto, o financiamento efectuado pola Administración xeral do Estado e na Guía para a edición e publicación de páxinas web na Administración xeral do Estado.
3º. Incluír a mención da orixe deste financiamento mediante o emblema da Unión e a declaración «financiado pola Unión Europea-NextGeneratioEU», tal como se reflicte no artigo 34 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, de conformidade co establecido no Manual de marca do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Todos os carteis e placas se deberán colocar nun lugar ben visible de acceso ao público.
h) Facilitar toda a información que lles requiran a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
i) Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude (bandeiras vermellas) e asegurar a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude, a corrupción e previr o conflito de intereses e o dobre financiamento.
j) Respectar o principio de «non causar un prexuízo significativo» na execución das actuacións subvencionadas, nos termos do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2020/2088.
k) Contribuír ao correcto funcionamento da Base de datos nacional de subvencións, en cumprimento do disposto na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, como ferramenta de consulta no procedemento de concesión de axudas, cumprindo adecuadamente coas obrigas de subministración de información a esta (Real decreto 130/2019, do 8 de marzo).
l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
m) Conservar os documentos xustificativos e demais documentación relacionada co financiamento da actuación, en formato electrónico, durante un prazo mínimo de cinco (5) anos a partir da recepción do último pagamento. Este período será de tres (3) anos se o financiamento non supera os 60.000 euros.
Sétimo. Os proxectos subvencionados deberán contribuír ao cumprimento do obxectivo CID 323 (Prazas residenciais, non residenciais e en centros de día) e deberán rexistrarse no sistema informático a información e o progreso dos indicadores do obxectivo desagregado da estrutura en que se descompón o subproxecto aniñado e incorporar a información acreditativa conforme os mecanismos de verificación.
Oitavo. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Noveno. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 17 da Orde do 21 de xuño de 2024.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade
P.D. (Artigo 16 da Orde do 21.6.2024; DOG núm. 128, do 3 de xullo)
Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social
ANEXO
Entidades beneficiarias coa puntuación e o importe de concesión
|
Expediente |
Entidade |
NIF |
Puntos totais |
Adxudicación 2024 |
Adxudicación 2025 |
Total |
Aplicación orzamentaria |
|
BS623/1 |
Concello de Taboadela |
P3208000D |
25 |
0 |
72.000 € |
72.000 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/2 |
Concello de Ribeira |
P1507400H |
29 |
0 |
23.517,41 € |
23.517,41 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/3 |
Concello de Ponteareas |
P3604200J |
47 |
0 |
72.000 € |
72.000 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/4 |
Concello de Ponteareas |
P3604200J |
47 |
0 |
72.000 € |
72.000 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/5 |
Concello de Boiro |
P1501100J |
33 |
0 |
59.803,5 € |
59.803,5 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/6 |
Concello de Ponteareas |
P3604200J |
47 |
0 |
72.000 € |
72.000 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/7 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
25 |
0 |
72.000 € |
72.000 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/8 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
25 |
0 |
72.000 € |
72.000 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/9 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
25 |
0 |
72.000 € |
72.000 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/10 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
25 |
0 |
72.000 € |
72.000 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/11 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
25 |
0 |
72.000 € |
72.000 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/12 |
Concello da Bola |
P3201500J |
25 |
0 |
47.000 € |
47.000 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/13 |
Concello de Sobrado |
P1508100C |
25 |
0 |
71.921,96 € |
71.921,96 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/14 |
Concello de Sobrado |
P1508100C |
25 |
0 |
71.907 € |
71.907 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/15 |
Concello de Vilamarín |
P3208800G |
25 |
0 |
68.015 € |
68.015 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/16 |
Concello de Vilamarín |
P3208800G |
25 |
0 |
67.978 € |
67.978 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/17 |
Concello de Vilamarín |
P3208800G |
25 |
0 |
66.400 € |
66.400 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/18 |
Concello de Vilamarín |
P3208800G |
25 |
0 |
71.452 € |
71.452 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/19 |
Concello da Estrada |
P3601700B |
44 |
0 |
72.000 € |
72.000 € |
38 03 313C 7600 |
|
BS623/20 |
Concello de Gondomar |
P3602100D |
26 |
0 |
72.000 € |
72.000 € |
38 03 313C 7600 |
