DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 5 de novembro de 2024 Páx. 58822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso de investigación denominado Bouzalonga número 7198, situado nos concellos de Ordes e Oroso (A Coruña) para recursos da sección C), promovido pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa).

Para os efectos previstos no artigo 23.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, este departamento territorial

ACORDA:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, a solicitude do permiso de investigación Bouzalonga número 7198, de seis (6) cuadrículas mineiras para recursos da sección C) (cuarzo metalúrxico), situado nos concellos de Ordes e Oroso (A Coruña), promovido pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa), con domicilio social na rúa Copérnico, 7-2º A1, A Coruña.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinalo nas dependencias da Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da dita consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras e formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 4 de outubro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña