DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 5 de novembro de 2024 Páx. 58854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de setembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Silleda (expediente DH.A36.84338).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Manuel Rey Colmeiro.

DNI: ***0204**.

Expediente: DH.A36.84338.

Volume total anual: 630 m3/ano.

Destino: uso doméstico.

Orixe: manancial A Poza.

Lugar: A Braña.

Parroquia: Dornelas.

Concello: Silleda.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun manancial mediante pozo de 1 m2 de sección e 5 m de profundidade, e a condución ata un primeiro depósito de repartición de 1,1 x 1,1 m2 mediante tubaxe de polietileno de 63 mm de diámetro. Deste depósito sae un tubaxe de 32 mm de diámetro á vivenda dun dos solicitantes e outra tubaxe ata unha arqueta de 1,1 x 1,7 m2, con saída de tubaxe de polietileno de 32 mm ata a outra vivenda.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro