DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 5 de novembro de 2024 Páx. 58805

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2024 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso, por promoción interna, nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (código de procedemento PR461C).

O 3 de setembro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 169 a Orde do 14 de agosto de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).

O 16 de setembro de 2024 o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes (do 17 de setembro de 2024 ao 14 de outubro de 2024, ambos incluídos).

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.1 da referida Orde do 14 de agosto, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter provisional as listaxes de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna convocado pola Orde do 14 de agosto de 2024 (DOG núm. 169, do 3 de setembro), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) http://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas declaradas exentas e non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Agasp http://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de persoas excluídas no proceso de acceso por promoción interna, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo desta resolución.

De conformidade co establecido no punto 4.2 da convocatoria e na Resolución do 25 de outubro, do director xeral da Agasp, pola que se declara a tramitación de urxencia, as persoas aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para:

• Emendar o defecto que motivou a súa exclusión.

• Emendar a non exención da proba de coñecementos da lingua galega.

• Reclamar por non figuraren na relación de admitidos nin na de excluídos.

• Solicitar o cambio do idioma elixido para realizar a primeira proba de coñecementos tipo test.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán excluídas definitivamente.

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

A Estrada, 25 de outubro de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe provisional de persoas excluídas. Proceso de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 14 de agosto de 2024

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Praza solicitada

Causas de exclusión

***3956**

Fernández

Román

Adrián

Lugo

1, 2

***3567**

Rajoy

Otero

Roberto

Lugo

2

***2482**

Santomil

Vieites

Juan José

Santiago de Compostela

2

Causas de exclusión:

1

Non acreditar o pagamento da taxa en prazo

2

Non acreditar ou non cumprir o establecido nos puntos 2.1.g), 2.1.h) e/ou 2.1.i) da convocatoria (certificado)