DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 5 de novembro de 2024 Páx. 58809

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2024 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (código de procedemento PR461H).

O 3 de setembro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 169 a Orde do 14 de agosto de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).

O 16 de setembro de 2024 o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes (do 17.9.2024 ao 14.10.2024, ambos incluídos).

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.1 da referida Orde do 14 de agosto de 2024, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter provisional as listaxes de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade convocado pola Orde do 14 de agosto de 2024 (DOG número 169, do 3 de setembro).

A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) http://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de persoas excluídas no proceso de provisión por mobilidade , con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo desta resolución.

De conformidade co establecido no punto 4.2 da convocatoria e a Resolución do 25 de outubro, do director xeral da Agasp, pola que se declara a tramitación de urxencia, as persoas aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para:

• Emendar o defecto que motivou a súa exclusión.

• Reclamar por non figurar na relación de admitidos nin na de excluídos.

As persoas que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán excluídas definitivamente.

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

A Estrada, 28 de outubro de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe provisional de persoas excluídas. Proceso de provisión
por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica,
categoría de oficial convocado pola Orde do 14 de agosto de 2024

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas de exclusión

***0315**

Costa

Alvariña

Luis Miguel

1

***6204**

Fuentes

Ferreiro

Vicente

1

Causas de exclusión:

1

Non acreditar ou non cumprir o establecido nos puntos seguintes: 2.2.a), b), c) e/ou d) da convocatoria (certificado) nos corpos da Policía Local de Galicia.