DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 59020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 23 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0028/2024.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos porque, intentada dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 23 de outubro de 2024

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

CON-PO-0028/2024

36100561Z

Incoación

Polo director territorial