En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícase a través deste anuncio a resolución do recurso de reposición interposto pola persoa interesada contra a resolución ditada no procedemento de conformidade co establecido na Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados/as en situación de garda con fins adoptivos no ano 2024, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 8, do 11 de xaneiro de 2023.
Para os efectos, emprázase a persoa interesada que figura no dito anexo, por si ou a través da persoa que a represente legalmente, para que compareza no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, é terá á súa disposición o expediente para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.
Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a referida resolución de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
Resolución recurso de reposición (procedemento BS403B)
|
Núm. de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE/pasaporte |
Acto administrativo e data |
|
BS403B-2024-00005223 |
45145590V |
Resolución do 11.7.2024 |
