DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 59037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2022/361-1).

Expediente: IN407A 2022/361-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: instalación de telecontrol en LMT VIM802 apoio 9KIJX13F//64-20-39.

Concello: Zas.

Feitos:

1. O día 7 de novembro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co fin de mellorar a calidade de subministración eléctrica no lugar de Meanos, concello de Zas, proxéctase a instalación dun elemento de seccionamento telecontrolado nun apoio de formigón que se vai substituír por un tipo metálico da liña de distribución de media tensión LMT VIM802 COG.DERMONT-Olveira 2 (expediente 34.857), procedente da subestación Vimianzo, o cambio doutro apoio de formigón por un de tipo metálico e o reemprazo do condutor do van comprendido entre os dous apoios que se van substituír.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado: instalación de telecontrol en LMT VIM802 apoio 9KIJX13F//64-20-39, asinado con data do 31 de marzo de 2022 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñería Eléctrica e nº colexiado 4.684 de Vigo (COITIVigo).

• Anexo, asinado o 31 de maio de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial e nº colexiado 15.670 de Madrid.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo de data do 14 de abril de 2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 8 de maio de 2023, co número 87.

• BOP: 20 de abril de 2023, co número 75.

• Xornal La Voz de Galicia: 2 de maio de 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal da secretaria do Concello de Zas de data do 6 de outubro de 2023.

3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte na que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica corrrespondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello de Zas. No día desta resolución non consta no expediente a resposta do organismo afectado á emisión do condicionado solicitado.

5. O día 6 de setembro de 2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG número 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE número 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE número 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE número 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE número 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE número 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar de Meanos, concello de Zas.

• Substitución de cambio de condutor en tramo LMTA a 20 kV de 96 m, condutor tipo LA-56 Al (existente LA-30), con orixe no apoio nº 9KIS6UK6//64-20-38 existente tipo HV-250/12 que se vai substituír polo tipo C-1000/14 da LMT VIM802 COG.DERMONT-Olveira 2 (expediente 34.857), procedente da subestación Vimianzo e remate no apoio nº 9KIJX13F//64-20-39 existente tipo HV-250/12 que se vai substituír polo tipo C-2000/14.

• Instalación de interruptor telecontrolado (ITC) no apoio nº 9KIJX13F//64-20-39. Retensado do tramo da dita liña, comprendido entre os apoios nº 64-20-37 e nº 64-20-38 e o tramo entre os apoios nº 64-20-39 e nº 64-20-40.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude, á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 14 de outubro de 2024

O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio; DOG nº 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol na LMT VIM802 apoio 9KIJX13F//64-20-39

Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Zas

Predio do

proxecto

Persoa

propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo pleno dominio

Afección de solo por

servidume de paso

de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Apoio núm.

Superficie

(m2)

ml. aér.

ml. sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Manuel Antelo Casanova

Polígono: 19-parcela: 276

Churla de Marán

9KIS6UK6//64-20-38

2.0

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías.

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.