DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 59055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se somete a información pública a aprobación inicial do Plan básico municipal do Concello de Beariz (Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 63 e 64 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que desenvolve a dita lei, os plans básicos municipais son os instrumentos de planeamento urbanístico que se redactarán en desenvolvemento do Plan básico autonómico para os concellos de menos de 5.000 habitantes que non conten cun instrumento de planeamento xeral, e cuxa formulación, tramitación e aprobación corresponde á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Atendendo a este mandato normativo, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acordou, mediante a Resolución do 22 de outubro de 2024, aprobar inicialmente o Plan básico municipal do Concello de Beariz, sometelo a información pública e suspender o outorgamento de licenzas por un prazo de dous anos contados desde a aprobación inicial naqueles ámbitos en que a nova ordenación do Plan básico municipal altera a ordenación vixente, segundo o recollido no resumo executivo que se integra no expediente. En todo caso, a suspensión do outorgamento de licenzas extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

En cumprimento do disposto no artigo 64.3 da Lei 2/2016, do 10 febreiro, e no artigo 156.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública o Plan básico municipal do Concello de Beariz, polo prazo de dous meses contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento en horario de oficina, nas seguintes dependencias:

– Servizo Provincial de Urbanismo do Departamento Territorial de Ourense (praza Eduardo Barreiros, núm. 12, baixo, 32003 Ourense. Teléfono: 988 68 73 34).

– Concello de Beariz (rúa San Pedro, núm. 2, 32520 Beariz, Ourense. Teléfono: 988 28 40 00).

Así mesmo, poderá consultarse o documento a través do seguinte enderezo electrónico:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/urbanismo-territorio

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá achegar alegacións no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou en calquera dos rexistros e oficinas sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Urbanismo