De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes.
Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes.
Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica forestal.
Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) convocouse o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica forestal.
Unha vez finalizados os procesos selectivos citados e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Nos procesos selectivos referidos anteriormente, convocados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021, ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo, sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo da Administración xeral a que acceden.
Segundo. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que, segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Terceiro. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Cuarto. Dado que na presente convocatoria coexisten procesos de acceso libre e procesos de estabilización do mesmo subgrupo e especialidade, prazas correspondentes a diferentes ofertas de emprego público e procesos pertencentes a diferentes subgrupos de Administración especial, a orde para a elección de destino efectuarase de acordo cos seguintes criterios:
1º. Terán prioridade as persoas convocadas para o acto de elección de destino da especialidade de enxeñaría de montes (acceso libre e estabilización), subgrupo A1, sobre as persoas convocadas para o acto de elección da especialidade de enxeñaría técnica forestal (acceso libre e estabilización), subgrupo A2.
2º. Dentro do mesmo subgrupo e especialidade, a orde para a elección de destino virá determinada polo ano de publicación da oferta publica de emprego; deste xeito, as ofertas máis antigas terán preferencia sobre as ofertas de emprego público máis recentes. No caso de que nunha convocatoria se acumulen prazas correspondentes a varias ofertas, tomarase como referencia a oferta máis antiga convocada.
3º. Finalmente, terán prioridade as persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna que deban elixir posto (por atoparse ocupando un posto que non esta aberto á especialidade a que acceden) sobre aquelas que accedan pola quenda de acceso libre, sempre que se trate do mesmo proceso selectivo. Respecto ao resto de procesos selectivos, para establecer a orde de preferencia aplicaranse os criterios enriba sinalados.
Quinto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao cal se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Sexto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición quinta. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.
2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición quinta, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición quinta.
3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán de manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición quinta, coa cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.
Sétimo. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para ser declaradas en excedencia, ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Oitavo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A, previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentarán a documentación nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Noveno. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.
As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias con destinos provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG.
Décimo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Décimo primeiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
|
Nº orde elección destino |
Nº orde proceso selectivo |
NIF |
Apelidos e nome |
Proceso selectivo |
Ano OPE |
Acceso |
|
1 |
1 |
***1689** |
Souto Silva, José María |
Enxeñaría de montes-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
2 |
3 |
***0574** |
Carral Gómez, Lorena |
Enxeñaría de montes-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
3 |
5 |
***6005** |
De la Fuente Acebes, María Henar |
Enxeñaría de montes-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
4 |
6 |
***0445** |
Martínez Álvarez, Víctor Manuel |
Enxeñaría de montes-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
5 |
7 |
***9635** |
Ferro Fernández, Catuxa |
Enxeñaría de montes-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
6 |
8 |
***3051** |
López Paz, María Teresa |
Enxeñaría de montes-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
7 |
1 |
***8150** |
Álvarez Rodríguez, José Manuel |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
8 |
2 |
**6953** |
Otero Alcalde, Alejandro |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
9 |
3 |
**1410** |
Giráldez Cortegoso, María Araceli |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
10 |
4 |
**9842** |
Fernández Alonso, José María |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
11 |
5 |
***2140** |
Arias Vázquez, Óscar |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
12 |
6 |
***9550** |
Maceira Gesteira, María Jesús |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
13 |
7 |
***8088** |
Eimil Fraga, Cristina |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
14 |
8 |
***3654** |
Arca Eiroa, José Manuel |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
15 |
9 |
***3122** |
Jiménez Carmona, Enrique |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
16 |
10 |
**7931** |
Rodríguez Fernández, José Manuel |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
17 |
11 |
**0773** |
Baz González, María |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
18 |
12 |
**7719** |
Vilor Rivero, Horacio |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
19 |
13 |
**7777** |
Carreira Méndez, Iván |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
20 |
14 |
**3937** |
Cortizas Rodríguez, Raúl |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
21 |
15 |
**9624** |
Fernández Campo, Martina |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
22 |
16 |
***6936** |
Cortiñas Fernández, Juan |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
23 |
17 |
**1542** |
Pasalodos Tato, Francisco Javier |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
24 |
18 |
**2942** |
Arias Lombao, Elena |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
25 |
19 |
***6331** |
López González, Olalla |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
26 |
20 |
***3577** |
Baralobre Pazos, Sofía |
Enxeñaría de montes-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
27 |
2 |
**6178** |
Tomé Fernández, Xosé Manuel |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Promoción interna |
|
28 |
3 |
**8541** |
Vicente Barral, Alejandro |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Promoción interna |
|
29 |
9 |
***6210** |
Prieto Blanco, Marta |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Promoción interna |
|
30 |
16 |
**4438** |
Otero Fernández, Javier |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Promoción interna |
|
31 |
1 |
**3262** |
Martil del Toral, María Jesús |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
32 |
4 |
**6390** |
Marchena Corredera, Fernando |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
33 |
5 |
**9508** |
Llamas Castiñeira, Matilde |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
34 |
6 |
**8376** |
Gallego Gutiérrez, Alberto |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
35 |
7 |
**7805** |
Palacios Lázaro, Nuria |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
36 |
8 |
***5922** |
Mendoza Pardo, Ana María |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
37 |
10 |
**1410** |
Giraldez Cortegoso, María Araceli |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
38 |
11 |
**1344** |
Bellas Vázquez, Susana |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
39 |
12 |
**6953** |
Otero Alcalde, Alejandro |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
40 |
13 |
**2221** |
García Gómez, Francisco Javier |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
41 |
14 |
**2766** |
González Vilela, María Pilar |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
42 |
15 |
***1806** |
Bello Pallas, María Marcela |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
43 |
17 |
**2419** |
Magdalena Fernández, Irene |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
44 |
18 |
**1485** |
Fernández Pastoriza, José Antonio |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
45 |
19 |
***4206** |
García Almeneiro, Nayra |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
46 |
20 |
***2140** |
Arias Vázquez, Óscar |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
47 |
21 |
**4755** |
García Freitas, Sheila |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
48 |
22 |
***3051** |
López Paz, María Teresa |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
49 |
23 |
***8672** |
Fernández Lamas, Fátima |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
50 |
24 |
***6823** |
Iglesias Ferreiro, Evaristo José |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
51 |
25 |
***7034** |
Fernández Pichel, Laura |
Enxeñaría técnico forestal-estabilización |
2018, 2021 |
Libre |
|
52 |
2 |
***6928** |
Sánchez Sánchez, Jesús Manuel |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Promoción interna |
|
53 |
7 |
***4850** |
Reboredo Blanco, Marco Antonio |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Promoción interna |
|
54 |
1 |
***1688** |
Gómez Folgueira, Margarita |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
55 |
3 |
***0574** |
Carral Gómez, Lorena |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
56 |
4 |
**2188** |
Frade Castro, Sergio |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
57 |
5 |
***6005** |
De la Fuente Acebes, María Henar |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
58 |
6 |
***8207** |
Omil Ignacio, Beatriz |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
59 |
8 |
***9842** |
Fernández Alonso, José María |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
60 |
9 |
***9550** |
Maceira Gesteira, María Jesús |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
61 |
10 |
***7931** |
Rodríguez Fernández, José Manuel |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
62 |
11 |
***3654** |
Arca Eiroa, José Manuel |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
63 |
12 |
***9624** |
Fernández Campo, Martina |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
64 |
13 |
***3937** |
Cortizas Rodríguez, Raúl |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
65 |
14 |
***3888** |
Trabado Maceda, María Luisa |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
66 |
15 |
***6408** |
Pérez Estévez, Pablo |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
67 |
16 |
**7777** |
Carreira Méndez, Iván |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
68 |
17 |
**6282** |
Varela González, Francisco Javier |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
69 |
18 |
**3319** |
Villarino Rodríguez, Alicia |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
70 |
19 |
***3264** |
Rego Mato, Cristina |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
|
71 |
20 |
***7719** |
Vilor Rivero, Horacio |
Enxeñaría técnico forestal-acceso libre |
2020, 2021 |
Libre |
