DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 8 de novembro de 2024 Páx. 59347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 24 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 583/2023, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno da Xunta de Galicia e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais da Xunta de Galicia, e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 583/2023, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno da Xunta de Galicia e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais da Xunta de Galicia, e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal