DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 8 de novembro de 2024 Páx. 59392

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria de provisión de varios postos de traballo polo sistema de concurso de traslados.

No Boletín Oficial da provincia núm. 83, do 29 de abril de 2024, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, polo procedemento de concurso, de postos de traballo vacantes no Concello de Ferrol.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de quince (15) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 18 de outubro de 2024

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 11.12.2023;
BOP nº 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda,
Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística