DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2024 Páx. 59589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se notifica a cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2023/00886 e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles, ás persoas que se relacionan no anexo, a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalos no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 28 de outubro de 2024

María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

AC-2023/00886

YD2347171

AC-2020/00068

Y8504641Z

AC-2014/00647

Y2143552N

AC-2011/00192

54701824G

AC-2012/00653

Y2730593R

AC-2023/00018

53164237J

AC-2010/00699

49334441Q

AC-2018/00645

26416049N

AC-2012/01023

44442000C

AC-2013/00836

Y3319062S

AC-2012/00037

32822995V

X8360232P