De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselle á persoa abaixo relacionada o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 A Coruña, para que poida consultalo e formular as alegacións e xustificacións que considere oportunas, durante un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución.
Unha vez transcorrido este prazo, e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.
A Coruña, 28 de outubro de 2024
María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial de A Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
AC-2018/00764 |
D115898 |
|
AC-2018/00028 |
515694499 |
|
AC-2020/00363 |
46902630H |
|
AC-2023/00764 |
AZ896105 |
|
AC-2017/00686 |
54705726L |
