DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2024 Páx. 59619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación de depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio infórmase a persoa afectada pola expropiación da consignación dos depósitos de prezo xusto do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC, no concello de Cerdedo-Cotobade, que figuran no cadro anexo.

A persoa interesada poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberá achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 28 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/012-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

36012A006007580000ZX

Descoñecido/a

2024/54/456