Mediante a Resolución reitoral do 18 de outubro de 2021 (DOG do 8 de novembro e BOE do 19 de xaneiro de 2022) convocáronse probas selectivas para cubrir oito (8) prazas vacantes da escala auxiliar da USC, subgrupo C2, con requisito de idioma, pola quenda de acceso libre. O 17 de outubro de 2024, o tribunal publicou a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas.
Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 9 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que, segundo a base 9.1, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o que empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.3 da Resolución do 18 de outubro de 2021 pola que se convocaba o procedemento selectivo.
Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».
1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberá indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.
2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.
3º. Poderá elixir a opción «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.
Quinto. En caso de non presentar solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar, para o cal se terán en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo na escala auxiliar convocadas á elección de destino
|
Núm. orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***8169** |
Porto Leis, Berta |
|
2 |
***1958** |
Lodeiro Vales, María Teresa |
|
3 |
***5109** |
López López, Zaira María |
|
4 |
***7433** |
Castro Hierro, Olalla |
|
5 |
***3581** |
Núñez Cartelle, María del Pilar |
|
6 |
***3765** |
González Rodríguez, Sonia |
|
7 |
***9859** |
Souto Méndez, Luisa |
|
8 |
***4533** |
Corral Lamela, Ana Belén |
ANEXO II
Relación de postos que se ofertan:
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición |
Nivel |
Subgrupo |
Quenda |
Campus |
Observacións |
|
PF000800 |
Posto base. Escola de Doutoramento Internacional da USC |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Certificado negativo delitos sexuais/Comparte Museo Luis Iglesias. Nivel B2 de inglés do MCER |
|
PF000538 |
Posto base. Oficina de Mobilidade |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Lugo |
Nivel B2 de inglés do MCER |
|
PF000848 |
Posto base. Oficina de Mobilidade |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Nivel B2 de inglés do MCER |
|
PF000849 |
Posto base. Oficina de Mobilidade |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Nivel B2 de inglés do MCER |
|
PF000850 |
Posto base. Oficina de Mobilidade |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Nivel B2 de inglés do MCER |
|
PF000851 |
Posto base. Oficina de Mobilidade |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Nivel B2 de inglés do MCER |
|
PF000876 |
Posto base. Oficina de Información Universitaria |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Nivel B2 de inglés do MCER |
|
PF000964 |
Posto base. Oficina de Captación Internacional |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Nivel B2 de inglés do MCER |
