Augas de Galicia leva tramitado desde o ano 2019 distintas convocatorias de convenios que teñen encaixe no programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático: favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico: apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde; criterio para a selección da operación: axudas ás entidades locais para o investimento en materia de abastecemento, saneamento e depuración; campo de intervención: xestión da auga e conservación da auga potable (incluíndo a xestión das bacías fluviais, subministración de auga, medidas específicas de adaptación ao cambio climático, medición por zona e consumidor, sistemas de tarifación e redución de escapes); liña de actuación: Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento e depuración e dos sistemas de abastecemento de auga.
En cumprimento da obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos fondos europeos, recollida na normativa da Unión Europea reguladora deles,
RESOLVO:
Facer público o financiamento con fondos europeos das convocatorias de convenios que se indican no anexo.
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2024
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
ANEXO
Convenios tramitados por Augas de Galicia financiados ao 100 % do custo elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europa á pandemia da COVID-1
|
Procedemento |
Fondos europeos |
|
CV20065 - Mellora das instalacións da estación de tratamento de auga potable de Guitiriz (Lugo) |
106.043,75 |
|
CV21044 - Mellora da rede de abastecemento, saneamento e pluviais en Brués, concello de Boborás (Ourense) |
252.939,89 |
|
CV21006 - Mellora da depuradora de augas residuais de Serra de Outes (A Coruña) |
82.644,63 |
|
CV21045 - Mellora do abastecemento do núcleo de León, no concello de Portomarín (Lugo) |
236.191,19 |
|
CV21062 - Mellora do sistema de abastecemento do concello de Castrelo de Miño (Ourense) |
330.572,05 |
|
CV22023 - Rede de saneamento no lugar de Galegos, concello de Riotorto (Lugo) |
41.167,35 |
|
CV22024 - Saneamento no núcleo rural de Seixomil, concello de Cortegada (Ourense) |
32.950,00 |
|
CV22025 - Mellora da rede de abastecemento do núcleo da Regada, concello de Lobios (Ourense) |
33.057,85 |
|
CV22026 - Construción da rede de saneamento do núcleo rural de Couxiliño, Cartelle (Ourense) |
39.917,35 |
|
CV22027 - Mellora das infraestruturas de depuración de augas residuais na Bola (Ourense) |
39.324,66 |
|
CV22031 - Mellora do abastecemento de varios núcleos de poboación no concello de Muíños (Ourense) |
39.669,42 |
|
CV22032 - Mellora do abastecemento de auga do concello de Quiroga (Lugo) |
114.598,00 |
|
CV22033 - Mellora do abastecemento de los núcleos de poboación de Garabelos, Tixós e Quintá, no concello de Baltar (Ourense) |
39.941,64 |
|
CV22037 - Mellora das instalacións de abastecemento de auga no núcleo de San Lourenzo, no concello da Veiga (Ourense) |
39.669,42 |
|
CV22039 - Mellora do abastecemento dos núcleos de Lucenza e Cualedro, no concello de Cualedro (Ourense) |
39.669,42 |
|
CV20019 - Mellora da depuradora de augas residuais e colectores en Sande, no concello de Arbo (Pontevedra) |
20.661,16 |
|
CV20041 - Mellora do abastecemento de núcleos de poboación no concello de Vilarmaior (A Coruña) |
26.785,00 |
|
CV22012 - Mellora da estación de tratamento de auga potable no concello de Coristanco (A Coruña) |
505.410,43 |
|
CV22014 - Execución de obras hidráulicas de mellora no concello de Baltar (Ourense) |
56.876,80 |
|
CV23001 - Mellora do abastecemento dos núcleos de poboación de Pazó e Calvelo, no concello de Muíños (Ourense) |
39.752,07 |
|
CV22028 - Mellora dos bombeos da Devesa, O Forno e Carracido, e na estación depuradora de augas residuais de Valga (Pontevedra) |
39.800,00 |
