Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMTA SJG803 A Devesa, que se realizarán na casa do concello de Cerdedo-Cotobade (sede de Cerdedo), segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 30 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/463-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: reforma LMTA SJG803 A Devesa.
Concello: Cerdedo-Cotobade (sede de Cerdedo).
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
36011A027008870000JJ |
Carballeira |
Serafina Quintillán Fondós |
28 de xaneiro de 2025 |
13.00 |
|
2 |
36011A027007120000JP |
Traleira |
Descoñecido |
28 de xaneiro de 2025 |
13.00 |
