DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2024 Páx. 59726

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024 pola que se nomea funcionario de carreira da escala técnica auxiliar (subescala de mantementos-especialista de oficios), subgrupo C2, polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, nunha praza da escala técnica auxiliar (subescala de mantementos-especialista de oficios), subgrupo C2, vacante na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocada pola Resolución do 14 de setembro de 2023 (DOG do 22 de setembro).

Verificada a concorrencia no aspirante aprobado dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 10 de xullo de 2024,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionario de carreira, da escala técnica auxiliar (subescala de mantementos-especialista de oficios), subgrupo C2, da Universidade da Coruña, o aspirante aprobado polo sistema de quenda libre que se relaciona no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 21 de outubro de 2024

Mª Jesús Grela Barreira
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica auxiliar (subescala de mantementos-especialista de oficios) subgrupo C2

DNI

Apelidos e nome

Fase oposición

Fase concurso

Total

***7210**

Lourido Doval, Javier

64,75

8,5

73,25