De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado mediante a Orde do 14 de maio de 2024 (DOG núm. 169, do 3 de setembro), e por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da citada orde, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial coa composición que se relaciona no anexo.
A Estrada, 4 de novembro de 2024
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Proceso selectivo de acceso por promoción interna e proceso de provisión
por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica,
categoría de oficial
– Tribunal titular:
Presidenta: María del Carmen Rebolledo Olmedo, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretario: Juan Puente Rapela, inspector principal da Policía Local do Concello da Coruña.
Vogais:
• Martina Marcos Mosquera, oficial da Policía Local do Concello de Ames.
• Lucía Couto Fernández, oficial da Policía Local do Concello de Ribeira.
• Luis Castedo Balsa, xefe do Servizo de Formación en Emerxencias na Agasp.
– Tribunal suplente:
Presidente: Ángel Arjona Bernáldez, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretario: Francisco Carro Rey, inspector da Policía Local do Concello da Coruña.
Vogais:
• Andrés González Murga, secretario xeral da Agasp.
• Martín Gómez Miramontes, oficial do Concello de Teo.
• María Eugenia Pérez Heres, oficial do Concello de Ferrol.
