DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2024 Páx. 60186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 31 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello de Allariz (expediente IN407A 2023/136-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio infórmaselles aos titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de adecuación da LMTA DC ALL803-ALL804, no lugar de Campiñas, no concello de Allariz.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, son requiridos para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, a súa folla de valoración, na cal concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegarán o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 31 de outubro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/136-3.

Instalación: adecuación LMTA DC ALL803-ALL804 lugar de Campiñas (Allariz).

Concello: Allariz.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio número

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do depósito previo

3

Viñas

32002A082000810000WE

Herdeiros de Nieves Pérez Otero

Enderezo descoñecido

24.10.2024

6

Recostro

32002A082001630000WF

Herdeiros de Julio Fuentefría Ferradas

Enderezo descoñecido

24.10.2024

8

Fonte do Santo

32002A083007760000WT

Herdeiros de Rosario Álvarez Ferreiro

Enderezo descoñecido

24.10.2024