DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60357

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado mediante a Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 31 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio), para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 244, do 22 de decembro), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Atendendo ás razóns de urxencia que concorren nos procesos de estabilización da Lei 20/2021 e tendo en conta que a convocatoria do presente proceso selectivo é anterior á dita lei, faise preciso adoptar as medidas necesarias para axilizar os trámites que permitan realizar previamente a elección de destino das persoas que superaron este proceso, polo que, conforme o disposto no artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, acórdase aplicar o procedemento da tramitación de urxencia, polo cal se reduce á metade o prazo establecido na base IV.2 da convocatoria de vinte (20) días hábiles; por tanto, este será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2024

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal

ANEXO

Nº orde elección de destino

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota 1º exercicio

Nota 2º exercicio

Nota 3º exercicio

Fase de concurso

Total

1

***7164**

Martínez Penedo, José María

PI

20,53

28,31

Apto

39,20

88,04

2

***5815**

Vázquez Rodríguez, José Manuel

PI

21,89

17,43

Exento

39,00

78,32

3

***3241**

Silva Domínguez, María Isabel

Acceso libre

20,60

17,81

Exenta

39,20

77,61

4

***6778**

Castaño Piñeiro, Miguel Ángel

Acceso libre

17,27

19,06

Apto

36,37

72,70

5

***5535**

Gil Rodríguez, Andrés

Acceso libre

19,88

18,59

Exento

26,00

64,47

6

***5594**

Filgueira Ponce, Fernando

Acceso libre

18,48

18,12

Apto

25,11

61,71

7

***2836**

Villa Vieiro, Pablo Alberto

Acceso libre

20,73

23,12

Exento

8,82

52,67

8

***8153**

López Vigo, Gustavo José

Acceso libre

19,38

22,34

Exento

5,00

46,72

9

***1279**

Cotelo Lema, José Antonio

Acceso libre

19,65

25,31

Exento

1,14

46,10