Unha vez convocado o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia, subgrupo C1 (promoción interna)
Tribunal titular:
Presidencia:
– Laura Suárez Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Secretaría:
– Miguel Ángel Palacios Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Vogais:
– Fernando Blanco García, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
– Mónica Ana Meilán Pita, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
– José María Pita Ponte, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Tribunal suplente:
Presidencia:
– Pablo Díaz Vázquez, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.
Secretaría:
– Mercedes Patricia Toubes Navarro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
– Marcos Vázquez Fernández, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
– María José Pérez Dafonte, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
– Sonia Novas Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
