DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 23 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 15030022723R e dous máis) e no procedemento BS618D (expediente 15073002224E).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados no procedemento de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes e advírteselles que, de non o faceren, se entenderá efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen teren presentado a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

A Coruña, 23 de outubro de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15030022723R

Y6041650R

Requirimento de documentación

26.9.2024

15019003023R

11142961J

Requirimento de documentación

23.9.2024

15030075323R

Z0681654P

Requirimento de documentación

3.10.2024

ANEXO II

Procedemento BS618D

Nº de expediente

DNI/NIE/ID

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15073002224E

Y0870953A

Requirimento de documentación

30.7.2024