En sesión que tivo lugar o día 5 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de agosto de 2024 (DOG número 166, do 29 de agosto, corrección de erros DOG número 190, do 2 de outubro), para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo 1 do Consello Económico e Social de Galicia (DOG número 246, do 28 de decembro de 2022), acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o exercicio da fase de oposición terá lugar o día 21 de novembro de 2024 e que o lugar de realización será na Sala Biblioteca do Consello Consultivo de Galicia, sito no Pazo de Amarante na rúa Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).
De acordo coa base III.1.2.5 o chamamento para este exercicio será único e iniciarase ás 10.00 horas, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso á sala na que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2024
Patricia Roiloa Rodríguez
Presidenta do tribunal

