DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60480

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO do extracto da convocatoria e bases para a cobertura dunha praza de técnico da Administración xeral (OEP 2024).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 257, do 7 de novembro de 2024, correspondente á oferta de emprego para o ano 2024, publicáronse a convocatoria e as bases que rexen a cobertura da seguinte praza vacante:

Denominación: técnico de administración xeral.

Sistema de provisión: concurso-oposición, grupo A, subgrupo A1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Triacastela, 7 de novembro de 2024

M. Olga Iglesias Fontal
Presidenta