DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2024 Páx. 60584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 4 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de renovación tecnolóxica parcial do parque eólico Sotavento, nos concellos de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo) (expediente 2024/0252).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE número 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 31 de outubro de 2024, do proxecto de renovación tecnolóxica parcial do parque eólico Sotavento, nos concellos de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo), promovido por Sotavento Galicia, S.A.

A dita declaración poderase consultar na ligazón seguinte:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, así como da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade