De conformidade co Real decreto 364/1995 e o artigo 62 do Real decreto lei 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, fanse públicos os seguintes nomeamentos como funcionarios de carreira:
– Amelia Rosalía Pereira da Silva toma posesión o 4 de marzo de 2024 como arquitecta en virtude do Decreto de Alcaldía 577/2024.
– Daniel Penas López toma posesión o 1 de outubro de 2024 como arquitecto técnico- enxeñeiro de edificación en virtude do Decreto de Alcaldía 2545/2024.
– Manuel Breijo Cotelo toma posesión o 10 de outubro de 2024 como enxeñeiro técnico industrial en virtude do Decreto de Alcaldía 2724/2024.
Arteixo, 11 de outubro de 2024
Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente
