DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2024 Páx. 60525

III. Outras disposicións

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2024 pola que se anuncia a convocatoria e as bases para a concesión de diversas bolsas para formación práctica.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 4 de novembro de 2024, acordou aprobar as bases da convocatoria para a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:

1) Seis bolsas individuais para contribuír á formación en prácticas de persoas con titulación universitaria, nas seguintes modalidades:

a) Dúas bolsas de formación en comunicación institucional.

b) Dúas bolsas de formación en publicacións.

c) Unha bolsa de formación en recursos humanos e contratación.

d) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.

2) Unha bolsa destinada a persoas con discapacidade intelectual igual ou superior ao 33 %, con titulación universitaria ou formación profesional, para contribuír á súa formación nas áreas de asistencia xeral e administrativas.

As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2024

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia