DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2024 Páx. 60746

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 8 de novembro de 2024 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Mediante a Orde desta consellería do 25 de setembro de 2024 (DOG número 193, do 7 de outubro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 25 de setembro de 2024 (DOG número 193, do 7 de outubro) para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG número 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde.

Terceiro. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: subdirector/a de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

Nome e apelidos: Marcos Santos García.

DNI (*): ***5099**.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.