DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2024 Páx. 60847

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 31 de outubro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, polo que se comunica a publicación da convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal licenciado sanitario de xefatura de servizo en Atención Primaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG número 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, modificado pola Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas (DOG número 19, do 29 de xaneiro), e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG número 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia. (DOG número 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, un posto de persoal licenciado sanitario de xefatura de servizo en Atención Primaria, relacionado no anexo I.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, 2, Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Área de Dirección e na intranet da Área Sanitaria Pontevedra e o Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na epígrafe de Recursos Humanos-Desenvolvemento profesional.

Pontevedra, 31 de outubro de 2024

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés

Anexo I

Praza

Código

Denominación da praza

Servizo/Unidade

SF-A1-250

Xefatura de servizo de Atención Primaria

Servizo de Atención Primaria de Caldas de Reis