En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Nutrimentos Deza, S.A.
NIF: ***0113**.
Expediente: DH.A36.99955.
Volume total anual: 55506,5 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 4,99 l/s.
Destino: Gandeiro e rega.
Orixe: X = 577548.572 Y = 4742609.967 (huso29 ETRS89).
Lugar: Areeira de San Xurxo.
Parroquia: A Baíña (San Pedro).
Concello: Agolada.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de auga cunha arqueta-gaiola parcialmente somerxida no río Ulla, e a súa condución mediante bombeo ata un depósito de 80 m3, desde onde se distribúe a auga para uso gandeiro e rega na parcela de RC 36020A008009330000KR.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
