DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 61067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 4 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20240139TA-OU por infracción en materia sanitaria.

O 8 de outubro de 2024, a directora territorial de Ourense ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20240139TA-OU contra a persoa titular do DNI 34631884W.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio se lle notifica á persoa titular do DNI 34631884W o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, a presentar alegacións, ante este departamento territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento, sito en Ourense, na avenida de Zamora, 13, 4ª planta, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 4 de novembro de 2024

Laura López del Castillo
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 20240139TA-OU.

DNI da persoa denunciada: 34631884W.

Último enderezo coñecido: Nova Travesía Buena Vista, 7, 1º, dta., 15006, A Coruña.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro). Artigo 7.u): «prohíbese fumar en bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: leve. Documéntase unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010: «consideraranse infraccións leves: a) Fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto».

Sanción proposta: trinta euros (30 €).