O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.
As seguintes solicitudes de inclusión de tres árbores e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras foi realizada polas persoas interesadas de acordo a ese procedemento:
Rexistro de entrada: 2024/2891551.
Data: 8.10.2024.
Solicitante: Manuel Carrera Díaz.
Especie: Castanea sativa Mill.
Localidade: Nocelo.
Concello: Porqueira.
Provincia: Ourense.
Rexistro de entrada: 2024/2914596.
Data: 9.10.2024.
Solicitante: Raquel Vila Amado.
Especie: Pinus pinaster Ait., 1789.
Localidade: Nogueirosa.
Concello: Pontedeume.
Provincia: A Coruña.
Rexistro de entrada: 2024/2916671.
Data: 10.10.2024.
Solicitante: Deputación de Pontevedra.
Especie: formación de Crataegus azarolus L.
Localidade: Pontevedra.
Concello: Pontevedra.
Provincia: Pontevedra.
Rexistro de entrada: 2024/2916815.
Data: 10.10.2024.
Solicitante: Deputación de Pontevedra.
Especie: Juglans regia L.
Localidade: Pontevedra.
Concello: Pontevedra.
Provincia: Pontevedra.
O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto con elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto con elas, durante un prazo de vinte días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.medioambiente@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».
Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:
– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra, avenida Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra.
– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, avenida de La Habana, 79, 5º, 32071 Ourense.
– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, r/ Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.
Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2024
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural
